COVID-19: aprende a lavar as mans con José

Lavar as mans converteuse na acción popular máis importante para combater o COVID-19. Facelo protéxenos a nós e ao resto das persoas. É imprescinble que as nenas e os nenos tomen conciencia da necesidade de realizar este xesto con frecuencia en varios momentos do día e da maneira axeitada. Las manos de José é un conto con pictogramas de Aprendices visuales para ensinar a todas as crianzas a lavar as mans. Podedes lelo e realizar as actividades que se propoñen despois da súa lectura pinchando na imaxe.