Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

Articulación: cadernos de sinfóns con /r/ e /l/

Imaxe
Nesta nova entrada achegámosvos os cadernos de sinfóns elaborados por Lola García Cucalón e publicados en ARASAAC.

Ademais de lotos e de autodictados, atoparedes un caderno específico de cada sinfón con técnicas para practicar a articulación e fichas para familiarse coa súa escrita.

Libros con actividades para trabajar los sinfones de /l/ y /r/

Adivina qué palabra queda | Juego conciencia fonológica

Imaxe

ACTIVIDADES PARA FACER EN FAMILIA POR NIVEIS.

Imaxe
Actividades agrupadas en pequenas tarefas ou sesións de traballo.

SÍLABAS. NUBES DE SÍLABAS

Imaxe
Actividades relacionadas coa lecto-escritura.

ELIXE A PALABRA QUE ESTÁ BEN ESCRITA

Imaxe

RIMAS: XOGA COAS RIMAS

Imaxe

Educación emocional: caderno persoal para o alumnado

Imaxe
Nesta entrada deixámosvos un caderno de actividades sobre educación emocional dirixido directamente ás nenas e aos nenos. A súa finalidade é axudar ás crianzas a comprender, xestionar e comunicar mellor os seus sentimentos e emocións. Neste documento, publicado polo Ministerio de Educación e a Consejería de Educación de Asturias, atoparán pautas de actuación para a resolución de conflitos así como técnicas de relaxación para diferentes contextos e situacións.

 Podes descargar o programa pinchando na imaxe.

Hábitos e técnicas de estudo

Imaxe
Establecer unha rutina de traballo escolar na casa durante o estado de alarma pode ser complexo. Ter acadados hábitos de estudo adecuados e rutinas establecidas son alicerces básicos neste sentido.
Nesta entrada deixámosvos dos recursos con pautas e recomendacións para que as crianzas incorporen hábitos de estudo que as axuden durante o confinamento e para o resto do seu percorrido académico.
RECURSOS
Folleto de axuda de Jesús Jarque para nais e pais Establecer hábito de estudio. Na web de Jesús Jarque podedes atopar outros folletos de interese.


Se queredes ampliar a vosa información acerca de técnicas de estudo e estratexias de aprendizaxe, consultade este artigo de Montserrat Gómez Gómez. 

Conciencia silábica: recursos

Imaxe
A conciencia silábica é un do ámbitos da conciencia fonolóxica e supón a capacidade para comprender que as palabras se compoñen de sílabas. Nesta entrada deixámosvos algúns recursos con actividades relacionadas.
CONCIENCIA SILÁBICA. RECURSOS
1 Aplicativo Silabando. Inclúe sílabas directas e trabadas para identificar, contar e completar palabras.


2 Fichas de segmentación silábica con palabras de ata cinco sílabas elaboradas por Orientación Andújar.

Canta as táboas de multiplicar

Imaxe
Repasa as táboas de multiplicar a ritmo das cancións do paiaso Miliki. Pincha en cada táboa para acceder aos vídeos.

Táboa do 1 Táboa do 2 Táboa do 3 Táboa do 4 Táboa do 5 Táboa do 6 Táboa do 7 Táboa do 8 Táboa do 9

Simpáticas ideas para crear animais de cartolina

Imaxe
Con cartulinas de cores, tesoiras e cola as posibilidades para crear son inesgotables. Descobre cantos tipos de especies animais distintos podes crear con estes dous vídeos, moi curtiños pero cargados de ideas publicados por Hand Made.
Make lovely animals from paper (4:18)
Make lovely animal from paper (5:08)



Matemáticas: de infantil a sexto de primaria

Imaxe
A web IXL ofrece unha gran cantidade de contidos de matemáticas organizados por niveis e categorías para nenos e nenas de infantil ata sexto de primaria. Moi sinxela de utilizar, nesta web as crianzas poden repasar os contidos do seu curso actual e dos anteriores dunha maneira rápida e doada. Botádelle un ollo pinchando na imaxe ou no enlace; atoparedes os cuestionarios na páxina principal de IXL.

Atrévete coa papiroflexia

Imaxe
Entre os seus múltiples beneficios, a papiroflexia favorece a concentración e a relaxación, contribúe ao desenvolvemento da motricidade fina e tamén nos permite achegar ás crianzas ao universo da xeometría (xa que traballa con figuras, vértices, rectas, diagonais...).
As nenas e os nenos poden iniciarse no mundo da papiroflexia dende que aprenden a dobrar o papel e evolucionar cara formas máis complexas segundo vaian evolucionando as súas habilidades co origami.
Aquí tedes unha compilación de recursos para que comecedes a practicar.

WEB DEL MAESTRO- PAPIROFLEXIA PARA NIÑOS

Nela atoparedes como realizar paso a paso diferentes cabezas de animais. Inclúe imaxes de cada secuencia de pasos e vídeos para que poidades ver o proceso e o resultado completos.
VÍDEOS DE YOUTUBE PARA REALIZAR FIGURAS DE PAPIROFLEXIA
1. Como facer unha paxariña de papel.
.
2. Como facer un avión que poda voar.


3. Como facer un pico de paxaro que se mova.


4. Como facer un paxaro de papel en menos dun minuto.


5. Como facer bo…

Ortografía: con xogos moito mellor!

Imaxe
PALABRAS HOMÓFONAS


"... A comandante Velila xa está aos mandos da súa nave e conta coa túa axuda para aliminar os meteoritos antes de que nos destrúan...". 

Así comeza o Ortografía Espacial, un divertido xogo de ortografía básica para afianzar ou repasar o uso de be e uve, hache, ce e zeta... Accede ao xogo pinchando na imaxe.


E velaquí outra proposta para repasar ortografía básica: Popi. Parchís Ortográfico para Primaria Interactivo. Dispón de seis tipos de actividades diferentes para repasar as regras básicas e un parchís ortográfico que admite ata catro participantes. Pincha na imaxe para xogar.




Sopa de letras a partir de definicións

Imaxe
Unha maneira divertida de traballar a conciencia fonolóxica é a través das sopas de letras. Dende o blog Aula PT propóñennos unha sopa de letras a partir de deficinións para o alumnado de terceiro curso. Podedes descargar o pdf no seguinte enlace. Inclúe as solucións.
Sopa de letras a partir de definicións sinxelas

Sintaxe: actividades para traballar as oracións

Imaxe
Aquí tedes un recurso para repasar a estruturación das oracións elaborado por Alberto Abarca Fillat (9 Letras). Son actividades que se poden descargar e realizar directamente no Power Point sen necesidade de utilizar a impresora. 



Exercicios de linguaxe oral e escrita

Lectoescritura: xogos en liña

Imaxe
 Aprendizaje de la lecto-escritura é a proposta de José Bustillo Rendón para o alumnado de primeiro curso de primaria. Un recurso útil para repasar e consolidar os aspectos lectoescritores que tamén podedes descargar.
Aprendizaje de la lectoescritura



Aquí tedes outro xogo en liña para practicar a lecto-escritura a nivel inicial: Juego con las letras. Inclúe trazado de letras e exercicios de conciencia fonolóxica con preguntas para contestar si/non, seleccionar, etc.
Juego con las letras



COLECCIÓN CUENTO LETRA. APRENDE A LER XOGANDO COAS LETRAS




















EL MUNDO DE FANTASMÍN









Xogos de atención e memoria en familia

Imaxe
A atención e a memoria son dous prerrequisitos básicos para que poida producirse a aprendizarse. Para adestrar estas dúas capacidades recomendámosvos os xogos en formato Power Point e Pdf de Iris Medina Martín publicados no portal ARASAAC. Inclúe dous xogos de repaso de aspectos curriculares básicos de primaria.

 Aquí tedes dúas mostras.






Accede a máis xogos dende aquí.

Matemáticas: xogos para repasar (1)

Imaxe
Nesta nova entrada propoñémosvos dous xogos interactivos de matemáticas para repasar, un de sumas e restas sen levare outro das táboas de multiplicar.

Para poder acceder aos xogos simplemente debedes entrar en Kahoot. Primeiro veredes esta pantalla.





Como veredes, pídevos introducir un código (que vos deixamos ao final desta entrada) e na seguinte pantalla un nome de usuario. Elixide o voso nome de usuario/a, dádelle ao Play e a xogar!




Pódese acceder dende a páxina web ou dende a aplicación (dispoñible en Play Store). Serve tanto no ordenador coma no móbil ou na tablet e non é preciso nin descargar a aplicación nin crear unha conta de usuario.


CÓDIGO PARA O REPASO DAS TÁBOAS DE MULTIPLICAR: 01511755
CÓDIGO PARA AS SUMAS E RESTAS SEN LEVAR: 07566156

COVID-19: reto Braille

Imaxe
O blog Un mar de palabras presenta o Reto Braile nº3, unha iniciativa para achegar o sistema de lecto-escritura Braille ás persoas videntes e para homenaxear a todos os traballadores e traballadoras que coa súa labor diaria nos axudan para que poidamos deixar atrás a emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19.

Animámoste a que completes o reto Trabajos esenciales en la lucha con COVID19

Sopro: actividades para melloralo

Imaxe
Soprar é unha habilidade importante no desenvolvemento da linguaxe e da fala. Cando traballamos o sopro estamos exercitando os músculos bucofonatorios (en especial as meixelas), facemos conscientes ás crianzas da respiración e do seu control e favorecemos a pronuncia e a consolidación dos fonemas do sistema lingüístico. 
Propoñémosvos unha serie de actividades dirixidas a aumentar a funcionalidade dos tres prarámetros do sopro: o control, a direccionalidade e a potencia.


ACTIVIDADES DE SOPRO
Realizar intercambios dunha persoa a outra ou facer circuítos con pelotas de ping pong, de poliespán ou papel soprando con ou sen palla.

Fonte da imaxe: actividadeseducacioninfantil.com
Succionar cunha palla para coller pelotas (de papel, poliespán ou outro material lixeiro) de diferentes tamaños e metelas nun bote ou levalas a puntos concretos sobre unha mesa. Fonte da imaxe: handsonaswegrow.com
Impulsar barquiños de papel ou de cortiza e que naveguen sobre a auga.


Fonte da imaxe: Pinterest

Facer burb…

Semana Santa de cine

Imaxe
Estas non van ser unhas vacacións de Semana Santa normais. Seguramente moitas familias xa tiñades pensado algún plan para este periodo vacacional que forzosamente tivestes que adiar. Sabemos que a saúde é o primeiro mais tamén que cando todo isto remate (que rematará) poderemos retomar propósitos, ideas e proxectos que agora só están pospostos. Queremos contribuír a manter o ánimo, a que as crianzas gocen tamén destas vacacións. Deixámosvos unha listaxe de recomendacións cinematográficas para que compartades sesións de cine en familia. Nós poñemos os títulos e vós os flocos de millo!
PINCHA NAS IMAXES PARA VER OS TRAILERS
WONDER (El extraordinario, 2017)Película de mensaxes contundentes e positivas sobre a amabilidade, a verdadeira amizade, a empatía e a perseverancia. 


QUIERO SER COMO BECKHAM (2002)Película que nos acerca á cultura indú. Reflicte o desexo dunha familia de que a súa filla acabe os seus estudos e se case respectando as tradicións do seu país. Os intereses do pai e da nai …

Que a creatividade non pare! Ideas de plástica

Imaxe
Rolos de papel hixiénico, bastonciños para os oídos, pezas de Lego, garfos, esponxas de baños, limóns (pero dos pasados!)... un pouco de papel e pintura e xa estamos preparadas e preparados para crear! Bota un ollo a esta compilación de imaxes (Facebook Colegios Creativos) con ideas de todo tipo para pasar un tempo divertido e en familia durante as vacacións de Semana Santa.

"Resistiré" con pictogramas

Imaxe
A célebre canción do Dúo Dinámico, Resistiré converteuse no himno popular da batalla contra o coronavirus en España. Aquí tedes a adaptación elaborada por  Marian G.B. (E´stímulos) con pictogramas ARASAAC para facilitar a comprensión da letra.

Xogos online de discriminación auditiva

Imaxe
A discriminación auditiva é a capacidade para identificar perceptivamente as unidades fonéticas e fonolóxicas na lingua oral. É dicir, é unha habilidade básica na adquisición da linguaxe oral e na aprendizaxe da lecto-escritura, porque nos permite diferenciar os fonemas ou sons da lingua.
Debemos traballala tomando como referencia distintos tipos de sons (de obxectos, da natureza, da lingua...) e favorecer tamén a correcta asociación e identificación auditiva.
Aquí van dúas propostas para conseguilo de maneira lúdica, con xogos.
Hoy vamos a.... (Atenex) é un divertido xogo de discriminación auditiva para traballar a identificación e a asociación de sons da lingua, a natureza e/ou producidos por  estruturado en catro centros de interese: a escola, o barrio, o xogo infantil e a granxa.


A outra proposta é ¿Jugamos a los detectives? (Atenex), un xogo pensado para traballar a discriminación, a identificación e asociación auditiva, ademais da comprensión oral.