Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

DITADOS INTERACTIVOS

Imaxe
Sen dúbida, o ditado é dos mellores exercicios para aprender a escribir e aprender a pensar e concentrarse se se fai correctamente. É un exercicio no que os alumnos escoitan, comprenden e escriben. Os procesos de comprensión e transcrición do texto son esenciais. As ditacións son unha fonte de beneficio para o ensino da ortografía.  1º Educación Primaria

5º Educación Primaria

Comprensión: Pip, o can guía

Imaxe
Pip. A short animated film de Southeastern Guide Dogs conta o proceso do pequeno Pip para converterse nun auténtico can guía. O camiño non será doado e Pip terá que superar toda clase de atrancos. Unha historia de superación que reflexiona sobre o valor da solidariedade e da axuda.

Pip, un can especial, una ficha interactiva de profetamarita
liveworksheets.com

CRUCIGRAMA ANTÓNIMOS

Imaxe
Escribe os contrarios neste crucigrama.


O CLUB DO SUPER R

Imaxe

ORDENA AS LETRAS PARA FORMAR PALABRAS

Imaxe

Vocabulario culinario en LSE de Aulas Galegas

Imaxe
Aulas Galegas publica todas as semanas unha boa cantidade de propostas interesantes para continuar o proceso de aprendizaxe a distancia. Algunhas delas xa as temos compartido dende este blog. Desta volta, recomendámosvos a receita de Tareixa "roscas de limón", AÍNDA QUE OLLO! Teredes que intentar descubrir os seus ingredientes expresados en Lingua de Signos Española (LSE).

Adiante coa receita! 

Roscas de limón en LSE
Fonte da imaxe: piqsels.com

Inferencias lóxicas: novos textos

Imaxe
Nesta entrada volvemos tratar as inferencias lóxicas, que forman parte da capacidade para comprender textos escritos. 
As crianzas poden probar a súa capacidade para inferir información escollendo a resposta correcta directamente nesta ficha interactiva e obter a corrección de maneira instantánea cando rematen.
Estes textos recoméndanse apartir dos 7-8 anos en diante.
Comprensión lectora: inferencias, una ficha interactiva de Sabe
liveworksheets.com
Atopa máis textos de comprensión inferencial en Comprensión lectora: inferencias lóxicas
Fonte da imaxe pixabay.com

Xogamos en familia

Imaxe
Nesta entrada queremos propoñer algúns xogos para desfrutar en familia, empregando obxectos que temos na casa e, ao mesmo tempo, traballar aspectos do desenvolvemento dos nosos pequenos e pequenas como son a atención, a curiosidade, concentración, mellora das habilidades sociais (respectando quendas e esperando a súa)... Esperamos que vos gusten!!

Tesouro escondidoColocaremos diferentes obxectos dentro dunha caixa de zapatos á que lle faremos un pequeno oco para poder meter a man e, cos olliños pechados, debemos adivinar que obxecto foi escondido para nós.

Calquera cousa de contacto diario pode meterse dentro da caixa e tamén podedes xogar coas diferentes texturas; algo suave como unha bufanda de la, algo áspero coma un afeito...


Quen escapou?Neste xogo, o que perseguimos é traballar a atención e a memoria a curto prazo; o xogo consiste en poñer un grupo de obxectos e remexelos mentres todos os participantes prestan atención durante un período de tempo (podedes cantar algunha canción cur…

Comprensión lectora: inferencias lóxicas

Imaxe
Que é inferir? Chegar a conclusións razoadas a través da información que temos dispoñible. É dicir, saber ler entre liñas.

Pon a proba a túa capacidade para facer inferencias con estes textos breves de comprensión lectora aos que podes responder directamente dende o blog.

Recomendado para alumnado a partir do 3º nivel.

Textos breves de comprensión lectora, una ficha interactiva de Sabe
liveworksheets.com

Fonte da imaxe: pixabay.com

Respira - videoconto

Imaxe

CONCIENCIA SILÁBICA

Imaxe

SECUENCIAS TEMPORAIS

Imaxe

Carvalho Calero: As pitas baixo a choiva (conto)

Imaxe
En 1952 Ricardo Carvalho Calero publicou na revista Lar As pitas baixo a choiva, un relato no que narra unha anécdota da súa infancia. Edicións Embora reeditouno no ano 2008 para o público infantil coas ilustracións de Alberto Toval.

Aproveitade esta semana de conmemoración das Letras Galegas dedicadas ao ferrolán Ricardo Carvalho Calero para ler As pitas baixo a choiva en Issuu.

Letras Galegas por Saca a Lingua a Pacer

Imaxe
O blog Saca a lingua a pacer recolle unha boa variedade de recursos para achegar ás crianzas de diferentes niveis de infantil e primaria á figura de Ricardo Calvalho Calero, a quen este ano a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas.

Letras Galegas 2020: Ricardo Calvalho Calero Calendario Infantil das Letras Galegas O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero

Letras galegas: achégate á poesía de Carvalho Calero

Imaxe
Estudoso incansable e defensor da lingua galega, Ricardo Carvalho Calero iniciouse nas letras xa de mozo. O silenzo axionllado (1934) é o segundo poemario de mocidade do autor ferrolán e nel aparece recollido Historia de Amedoíña, segundo Andersen. O CEIP Anxo da Garda vén de adaptar este poema coa axuda de pictogramas para facilitar a súa comprensión. Recomendámosvos que non deixedes de velo!



Carvalho Calero: unha vida dedicada a estudar o galego

Imaxe
Busto de Ricardo Carvalho Calero na Avenida Xoán Carlos I (Santiago)
Este ano o Día das Letras Galegas homenaxea a figura de Ricardo Carvalho Calero. Este ferrolán nado en 1910 cultivou un importante número de disciplinas como a historia, a filoloxía e a lingüística. Destacado crítico literario, Carvalho Calero deixounos tamén un extenso legado literario que abrangue o ensaio, a poesía, a narrativa e o teatro.
Descobre máis sobre o autor con esta proposta de Martapio12 publicada en Liveworksheet.
Día das Letras Galegas, Carvalho Calero, una ficha interactiva de martapio12
liveworksheets.com

COVID-19: sopa de letras da sanidade

Imaxe
Hospital, vacina, máscara... Levamos moitas semanas xa escoitando estas palabras. Intenta atopalas todas nesta sopa de letras dedicada ao sector sanitario.


Sopa de letras da sanidade, una ficha interactiva de Sabe
liveworksheets.com

Educación emocional: actividades en familia

Imaxe
Dirixidos ás familias con fillos e fillas que cursan os niveis de Educación Primaria, os cadernos ConZENtrate ofrecen unha variedade de actividades de todo tipo (lúdicas, culinarias, pedagóxicas, relaxantes...) para aproveitar o tempo en familia.


EMOCIÓNS

Recursos para os/as máis peques do cole

Imaxe
Fonte da imaxe: pixabay.com
Boas, familias:
Nesta entrada ofrecémosvos algúns xogos dixitais para facer coas nenas e cos nenos de Educación Infantil. Esperamos que vos resulten de utilidade e que gocedes dun tempo de xogo en familia.

Xogos de atención e memoria Juegos Arcoiris ofrécenos un xogo no que tedes que facer parellas de debuxos iguais, premendo nas cartas de dous en dous para que dean a volta e mostren o debuxo escondido. Podedes elixir a dificultade entre fácil (catro parellas) e difícil (9 parellas).

Parellas - Mundo Primaria
No seguinte enlace encontraredes dous xogos diferentes da web mundoprimaria.com nos que tamén traballaremos a atención e a memoria.
No primeiro deles aparece unha cuadrícula cun ou varios obxectos (segundo a dificultade do xogo) que desaparecerán nuns segundos e, despois, deberedes colocar eses obxectos na cuadrícula que corresponda.
O segundo xogo trata de clasificar os diferentes debuxos na casiña que lles toque segundo o modelo. 
Ambos xogos teñen diferentes…

Escritura: como coller ben o lapis

Imaxe
Dous dedos para coller o lapis e outro para apoialo. Así de simple e así de complexo é aprender a agarrar correctamente o lapis para escribir. Estamos ante un proceso que require tempo, madureza e tamén coidado e vixianza pola nosa parte para evitar que as crianzas acaben incorporando malos hábitos.
Nesta entrada deixámosvos un vídeo da especialista de Audición e Linguaxe Eugenia Romero, con trucos para que as crianzas se acostumen a coller ben o lapis, máis unhas indicacións sinxelas e con ilustracións de Maria del Carmen Ruiz publicadas en Web del Maestro.
10 ideas para coger bien el lápiz por Eugenia Romero 


 Coger bien el lápiz por Maria del Carmen Ruiz


Estimulación da linguaxe: conto en vídeo para vivenciar

Imaxe
El Mono Mingo é un conto para vivenciar en formato vídeo pensado para favorecer a estimulación da linguaxe. Ademais da produción de fonemas, este conto infantil desenvolve outros aspectos básicos do desenvolvemento da linguaxe, como son a comprensión oral e a escoita. É unha creación de Cristina Fernández da Vila.
El Mono Mingo - Cuento infantil

COVID-19: recomendacións de Bibliolulu

Imaxe
Sempre é bo momento para ler pero nestes tempos de confinamento a lectura pode converterse nun dos mellores aliados para vencer o aburrimento e reducir a ansiedade que provoca o illamento. Dende Bibibliolulu, a biblioteca do noso centro, ofrécennos unha variedade de suxerencias en función do tipo de lector ou lectora.  Non deixedes de consultar os títulos que Bibliolulu recomenda dentro do apartado Historias para a inclusión educativa, nin tampouco o resto de propostas teatrais, cinematográficas e musicais.

SUXESTIÓNS PARA UN TEMPO DE CUARENTENA

COVID-19: como prepararse para volver ás rúas

Imaxe
O 26 de abril as crianzas puideron saír por primera vez á rúa a pasear e xogar dende que comezara o estado de alarma o 15 de marzo. Deixámosvos dous documentos útiles con consellos e recomendacións para procurar o benestar físico emocional das nenas e dos nenos nesta nova etapa.

VELOCIDADE LECTORA

Imaxe

LECTURA DE PSEUDOPALABRAS

Imaxe